Inicio Carballo ao día Avisos Solicitude de actuacións dos grupos...

Solicitude de actuacións dos grupos asinantes do Convenio Musical 2017

Mércores 24 de maio do 2017

Asociacións, comisións de festas e calquera outra entidade sen ánimo de lucro que teñan o seu domicilio social en Carballo e que organicen actividades culturais que inclúan actuacións musicais poden solicitar actuacións dos grupos asinantes do Convenio Musical 2017. O prazo está aberto ata o 30 de setembro, e as peticións deben tramitarse cun mínimo de 15 días de antelación presentando a documentación requirida no Rexistro do Concello de Carballo.

Nos documentos adxuntos atoparedes información xeral sobre a convocatoria, relación de grupos asinantes, impreso de solicitude e impreso de xustificación.

Descargas

Compartir: