Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as bases da convocatoria do Concurso do...

CULTURA

Aprobadas as bases da convocatoria do Concurso do Cartel Anunciador das Festas de San Xoán

Mércores 19 de abril do 2006

A Comisión de Festas faralle chegar as Bases ás asociacións culturais de Carballo, institutos de educación secundaria de Carballo e da Comarca de Bergantiños, concellos de Galicia e outras institucións culturais relacionadas co deseño, a pintura e a fotografía. As festas de San Xoán celebraranse entre o 21 e o 27 de xuño. Na edición anterior presentaron obras máis de trinta concursantes, tanto de Carballo como doutros concellos de toda Galicia. As Bases da convocatoria poden descargarse aquí.

Compartir: