Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúan a bo ritmo as obras da Casa dos...

OBRAS

Continúan a bo ritmo as obras da Casa dos Oficios e a Estación de Autobuses

Mércores 12 de abril do 2006

O proxecto global da Casa dos Oficios engloba cinco naves e ocupará unha superficie total de 10.815 metros cadrados. Neste novo edificio situaranse as aulas do Centro Municipal de Formación, así coma un novo auditorio de uso empresarial. No espazo do exterior do complexo seguiranse a realizar as feiras os segundos, cuartos e quintos domingos de mes.

Estación de autobuses

No tocante aos traballos na Estación de Autobuses de Carballo, tamén pódese comprobar que avanza a bo ritmo a colocación da estructura do novo andén, logo do incendio que calcinou catro buses e parte da infraestructura da instalación o pasado 10 de febreiro. As dependendencias do edificio principal xa veñen sendo utilizadas con normalidade desde principios de marzo.

Compartir: