Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello demanda unha subvención para...

TURISMO

O Concello demanda unha subvención para mellorar as zonas costeiras de Razo e Baldaio

Martes 11 de abril do 2006

No tacante á dotación de pasarela de madeira en zona verde, o Concello pretende completar o proxecto realizado pola Fundación Arao e que contempla a execución dunha pasarela de madeira tratada que mellore a accesibilidade na zona verde de Arnados. Trátase de completar o paseo en todo o seu longo, coa fabricación, suministro e montaxe do paseo peonil de madeira tratada con óxido de cobre, de tres metros de ancho.

O proxecto de ampliación de depósito de auga en Arnados plantexa o problema que, na época estival, cando máis demanda de auga existe por parte das duchas da praia, o depósito de formigón é moi pequeno e non é capaz de acumular suficiente auga nas horas punta, polo que entra en servicio o sistema de bombeo, que unha vez elevada a auga aos depósitos de fibra, transfire a auga ao depósito regulador da cloradora. A ampliación que se propón é contruir un depósito de 55 metros cúbicos que se estima terá unha capacidade suficiente para soportar as demandas das horas puntas, e ademáis permitirialle á fonte recuperar o caudal durante a noite para o día seguinte. A actuación incluiría a demolición do depósito de formigón existente.

A formación de escaleira e pasarela en baixada á praia de Razo pola Cabreira ven condicionada pola difícil accesibilidade a esta zona a través dun sendeiro, prácticamente impracticable para unha persoa de idade avanzada ou con unha disminución física. O Concello pretende executar unha pasarela e unha escaleira en condicións óptimas para mellorar a aceesibilidade, ao mesmo tempo que se organiza a praia, xa que o acceso coincide co punto de desagüe dun regato. Así, á formación de escaleira e fabricación, suministro e montaxe do paseo peonil, únese o proxecto de formación de empalizada de rollizos de madeira tratada en autoclave, en canalización de regato por debaixo da pasarela.

A drenaxe de pluviais na zona verde xunto á Pista polideportiva ten como obxectivo correxir as inundacións que se veñen producindo debido as augas pluviais que baixan libremente polas fincas ata chegar ao mar. A actuación sería no tramo final da zona verde, mediante a creación dun pozo de rexistro aberto que funcionará como receptor das augas, e que posteriormente serán conducidas por unha tubería de drenaxe -que tamén axudará a recoller máis auga- até o Rego da Barcia.

A instalación de grupo de bombeo de fecais na caseta de socorristas da Pedra do Sal responde á necesidade de dotar servicio aos aseos públicos para homes, mulleres e minusválidos da caseta, que na actualidade carece de saneamento. As obras a realizar consistirían na construcción dun pozo de rexistro estanco construido con resinas de poliester estrátil para aloxamento no seu interior dun grupo de bombeo de 2CV, 100 cm. de diámetro, 100 cm. de altura e 4 mm. de espesor de parede, e suministro e colocación de grupo de bombeo fecais -trituradora- completo, formado por dúas elecetrobombas sumerxidas.

No tocante ao mobiliario urbano, inclúese como complemento á actuación e vistas as carencias de papeleras e zonas onde poder deixar as bicicletas. Proxéctase a colocación dun soporte aparca bicicletas para nove unidades e papeleira rústica instalada en conxunto de tres unidades para recollida selectiva, de 110 litros de capacidade.

Compartir: