Inicio Carballo ao día Hemeroteca Celebrado o sorteo para a participación na...

VIVIR O MUNDO

Celebrado o sorteo para a participación na viaxe a Roma

Luns 10 de abril do 2006

Os agraciados no sorteo teñen de prazo ata o martes, 11 de abril, para formalizar a inscrición na Casa do Concello. No caso de que alguén cause baixa, deberá notificalo tamén con celeridade nas dependencias municipais. Nos próximos días saberase se o Concello pode dispor de máis prazas para participar da viaxe, polo que todavía podería viaxar algún dos nenos que formalizou a inscrición e non obtivo praza. Unha vez que o concello confirme a obtención da praza, deberase realizar o ingreso da cantidade de 85 euros, na conta que no seu momento se sinale. A duración da viaxe a Roma é de catro días / tres noites, con réxime de pensión completa e o desprazamento, tanto a ida como o regreso, farase en autobús desde os concellos ata a algún dos aeroportos existentes na provincia e, en avión, desde estes ata Roma. Durante a estadía en Roma, que en todo momento estará guiada por monitores especializados e guías locais, os participantes coñecerán in situ lugares como o Campidoglio, os Foros, o Colosseo, a Piazza Campo dei Fiori, Piazza Navona, Piazza del Popolo, Vaticano... Complementariamente realizaranse actividades culturais e visitas a outros monumentos e lugares de interese histórico-artístico. Todas as actividades incluidas no programa non suporán desembolso ningún para os participantes agás a cota previa sinalada na ficha de inscrición.

Os admitidos, logo do sorteo celebrado o pasado sábado, son os seguintes:

1. Belén Rodríguez Rivera
2. Beatriz Martínez Guillomía
3. Clara Díaz Pan
4. Alejandro Lage Cancela
5. Victoria Gómez Orgeira
6. Ángel Veiga Pensado
7. Julia Sánchez Pallas
8. Pablo Veiga Vázquez
9. Miguel Varela Basalo
10. Sheila Cotelo Lado
11. Katia Pérez Pose
12. Sandra Figueiras González

Compartir: