Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o prazo para participar do programa da...

CULTURA

Remata o prazo para participar do programa da Deputación ‘Vivir o Mundo’

Xoves 6 de abril do 2006

Os interesados poden recoller as solicitudes de inscrición no Concello de Carballo, en horario de mañán. No caso de haber máis solicitantes que prazas, celebrarase un sorteo público o sábado, 8 de abril, ás 12,00 horas, na Sala de Xuntas. Unha vez que o concello confirme a obtención da praza, deberase realizar o ingreso da cantidade de 85 euros, na conta que no seu momento se sinale. Durante a estadía en Roma, que en todo momento estará guiada por monitores especializados e guías locais, os participantes coñecerán in situ ligares como o Campidoglio, os Foros, o Colosseo, a Piazza Campo dei Fiori, Piazza Navona, Piazza del Popolo, Vaticano... Complementariamente realizaranse actividades culturais e visitas a outros monumentos e lugares de interese histórico-artístico. Todas as actividades incluidas no programa non suporán desembolso ningún para os participantes agás a cota previa sinalada na ficha de inscrición.

Compartir: