Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello facilita a consulta de...

AGRO

O Concello facilita a consulta de identificación, usos e superficies agrarias para as axudas da PAC

Venres 17 de febreiro do 2006

Para a percepción das axudas baseadas na superficie agraria é necesario achegar nas solicitudes as referencias identificativas das parcelas que forman a base territorial das explotacións agrarias, polo que é moi importante facer unha declaración correcta da identificación de cada parcela. Dende o ano 2005, e por esixencias da Unión europea, a identificación de parcelas faise utilizando un novo Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas, baseado en ortofotos aéreas e catastro.

Compartir: