Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rematado o desmantelamento na Estación de...

INCENDIO

Rematado o desmantelamento na Estación de Autobuses

Martes 14 de febreiro do 2006

A Xunta de Galicia foi a que se fixo cargo destas tarefas e xa mandou redactar o proxecto para a reconstrucción da instalación. Esta previsto que durante a tarde de hoxe se proceda á retirada dos escombros para deixar limpa a zona, único e último traballo que queda por facer. Por outra banda, a Guardia Civil continúa coas investigacións para determinar as causas do incendio. As compañías de transporte seguen prestando servizo aos viaxeiros no exterior da Estación, con parada na rúa Alexandre Bóveda. Os billetes véndense dentro dos propios autobuses.

Compartir: