Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presentou un extenso programa de...

CULTURA

O Concello presentou un extenso programa de Antroido

Venres 13 de xaneiro do 2006

Ese mesmo día, e como xa é tradición, nenos de sete centros escolares participarán do desfile escolar de comparsas na Praza do Concello. A animación na rúa correrá a cargo da charanga Os Chinchorros ademáis de por en marcha, os días 25 e 26, Arte na Rúa, unha mezcla de grafitis e música nas galerías da rúa da Iglesia O día 27, ademáis, volverá a repetirse a exhibición de capoeira.

Bailes de disfraces

Os bailes de disfraces serán outros dos platos fortes do Antroido. O sábado 25 terán lugar na escola de Cances e nos locais da Casa Uruguai el Ceibo e a Asociación Cultural San Cristovo. A orquesta Ismaeel amenizará o baile de disfraces do domingo, na Praza do Concello, a celebrar despóis do desfile de carrozas e comparsas. O luns 27 será o do Casino de Carballo e o martes 28 terá lugar no Pavillón Bergantiños o baile de disfraces para a terceira idade. Ademáis, o programa contempla obradoiros e diversas actividades para os máis pequenos na Ludoteca Municipal.

Compartir: