Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezaron os traballos de acondicionamento do...

MEDIO AMBIENTE

Comezaron os traballos de acondicionamento do paseo do río Anllóns

Martes 3 de xaneiro do 2006

Ao igual que o proxecto da recuperación da Férveda de Entrecruces, o do paseo fluvial está incluido no programa Agader, que financia os traballos cun orzamento de 369.300 euros. As obras do paseo fluvial desenvolveranse desde a ponte da Milagrosa ata o Bosque do Añón, poa ambas marxes, aínda que a intención do goberno municipal é a de prolongar a senda fluvial ata a ponte de Bértoa. O proxecto conta cun prazo máximo de 12 meses.

Compartir: