OBRAS
Comezan os traballos na rúa Villa de Negreira
Martes 31 de xaneiro do 2006
Segundo manifestou o grupo de goberno, os propietarios que non aceptaron a cesión dos terreos recibiron unha carta para acudir ao Concello cos documentos de titularidade do solo e, sempre que non cambien de parecer, comunicarlles o inicio do proceso de expropiación. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou a intención do goberno de conseguir chegar a algún acordo antes de recurrir a esta última opción. O proxecto de mellora abarca 750 metros da vía e inclué un ancho de dez metros en toda a calzada.