Inicio Carballo ao día Hemeroteca "Carballo na memoria" visita o...

XOVES 20 DE MARZO A PARTIR DAS 20.00 HORAS

"Carballo na memoria" visita o salón parroquial para informar e implicar aos maiores neste proxecto de recuperación histórica

Luns 17 de marzo do 2014

Para facilitar o labor de compilación e dixitalización de imaxes, tense creado un Punto de Recollida de fotografías situado no Museo de Bergantiños. Alí, os carballeses e carballesas poden levar as súas imaxes en soporte papel e seranlles devoltas uns días despois acompañadas dun soporte dixital. A única contrapartida para a cidadanía é o de permitir que esas fotografías se fagan públicas e formen parte do proxecto. Do mesmo xeito, quen teña as imaxes xa dixitalizadas pode incorporalas ao web dende os seus ordenadores, simplemente a través da páxina <www.carballonamemoria.org>. Ademais, a Oficina Técnica Municipal tamén está implicada na dixitalización dos seus fondos fotográficos para incorporalos a "Carballo na memoria". Así mesmo, realízanse accións de alfabetización dixital da 3ª idade como a que ten lugar o xoves 20 de marzo no Salón Parroquial e accións nos centros de secundaria co obxectivo de conseguir "Brigadas Dixitais" para que axuden ao colectivo anterior a trasladar o seu coñecemento a un entorno dixital que eles coñecen. Na fotografía que ilustra esta nova, pode verse o antigo edificio da Casa do Concello alumeado polas festas do Nadal.

Compartir: