Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha a campaña Check...

ENTRE O 1 E O 26 DE ABRIL

O Concello pon en marcha a campaña Check in Carballo para incentivar as vendas e dinamizar o pequeno comercio da vila

Venres 14 de marzo do 2014

A través de Check in Carballo acádanse varios obxectivos. En primeiro lugar premiar como gañador/a a aquel usuario/a que asista aos establecementos e marque o chek-in máis veces e no maior número de comercios posible. Tamén implicar e asociar os establecementos, xa que cantos máis establecementos estean en Foursquare, maior será a diversión, xa que os usuarios/as deberán interactuar con varios lugares para conseguir a recompensa. E por último tamén se inclúe unha visita guiada, un itinerario con varios puntos para facer chek-in a modo de ruta polos comercios participantes. A experiencia implica ao Concello, como promotor da campaña; a un equipo de traballo para coordinar a actividade, encargarse da plataforma web e realizar o seguimento das diferentes accións que se realicen; aos establecementos participantes, que deben promover a iniciativa e formarse sobre os aspectos tecnolóxicos da acción; e por último aos clientes, que participan en Foursquare e visitan os comercios. O Concello organizará unha xuntanza cos establecementos que queiran participar para informarlles acerca dos pasos que deben dar, ofrecéndoselle axuda especialmente en novas tecnoloxías, xa que cada comercio debe estar dado de alta en Foursquare. En todo caso, o único material que precisan é un móbil ou tablet con conexión a Internet, descargar a app Foursquare e un lector de códigos QR e dispoñer da documentación que facilitará o Concello sobre a campaña para proporcionar información aos clientes e visitantes se así a solicitan.

Os interesados e interesadas poden descargar nesta mesma nova un documento tanto en word como en pdf para poder cubrir a ficha de inscrición e solicitar a participación na iniciativa, coordinada pola Concellaría de Promoción Económica que dirixe Xosé Regueira.

Compartir: