Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezan a repartirse as invitacións para...

CULTURA

Comezan a repartirse as invitacións para asistir á representación de ‘Papirus’

Venres 20 de xaneiro do 2006

Papirus conta a historia de Pap e Rus, dous descoñecidos que esconden un terrible pasado. Xuntos, con amor e sentido do humor, superarán os seus medos para construir un novo mundo. Un mundo de papel. Trátase dun espectáculo sen palabras para un público infnatil e familiar, cunha posta en escea moi cuidada na que nada é irrelevante nin superfluo.

Concerto da Sinfónica

Ademáis, o grupo de cámara da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Vladimir Prjevalski, abre este venres os concertos previstos na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. A cita é a partir das 21,00 horas no Pazo da Cultura. O programa previsto para o concerto do venres pola Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia desenvolverase en dúas partes, e intégrano concertos de Telemann, Bach e Vivaldi. Ademáis da dirección de Vladimir Prjevalski (violín), o grupo de cámara da Sinfónica contará coa participación de Gábor Szabo, violín, Andrei Kevorkov, viola, e Casey Hill, oboe.

Compartir: