Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello traslada diferentes demandas á...

XUNTANZA

O Concello traslada diferentes demandas á Delegación Provincial de Medio Ambiente

Mércores 18 de xaneiro do 2006

No tocante á contenerización soterrada, o Concello presentará unha proposta de sete actuacións en diferentes puntos da localidade, como poden ser a zona do Chorís, a do San Martiño, a do Colexio Bergantiños ou a da Estación de Autobuses, sen esquecer a rúa Coruña, que conta xa coa infraestructura para instalar este tipo de colectores. O goberno municipal pretende tamén coñecer as previsións da Consellaría de Medio Ambiente para completar e mellorar o sistema de depuración na rede de alcantarillado, na que o Concello segue a facer un esforzo cunha tramitación de máis de millón e medio de euros para este fin. O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente aproveitarán a xuntanza para facer entrega ao Delegado Provincial do informe de actividades da Brigada de Medio Ambiente, ademáis de falar da compensación de SOGAMA por quilometraxe realizado no servizo de recollida e traslado de lixo.

Illas Verdes

O Concello levará tamén unha proposta de instalación das denominadas Illas Verdes en 21 puntos do medio rural, repartidos entre todas as parroquias do municipio. As Illas Verdes son centros de reciclaxe que contemplan a instalación de todos os colectores de lixo. Así, aos orgánicos, engadiríanse os de vidro, cartón, prástico e de pilas. A xuntanza está prevista para as 10,30 horas.

Compartir: