Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello sortea entradas para asistir ao debut...

DEPORTES

O Concello sortea entradas para asistir ao debut da Selección Galega de fútbol

Xoves 22 de decembro do 2005

No propio Padroado pódese adquirir o modelo de solicitude, que será presentado en horario de 10,00 horas a 14,00 horas. O martes 27 de decembro celebrarase, ás 19,00 horas, un sorteo público na Sala de Xuntas entre todos os solicitantes, para confirmar os asistentes ao partido entre a Selección Galega e Uruguay. O Concello de Carballo porá a disposición dos agraciados un bus para acudir ao encontro.

Compartir: