Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os pequenos e a música, protagonistas no...

LECER

Os pequenos e a música, protagonistas no Nadal Cultural

Mércores 21 de decembro do 2005

Ademáis, este mércores, a partir das 21,00, terá lugar o concerto do Cuarteto de Cámara Scherzo da Orquestra Sinfónica de Galicia. A agrupación musical, formada por dous violíns, viola e violoncello, está integrada por Stefan Utanu, Enrique Iglesias, Andrei Kevorkov e Ramón Solsona, músicos de recoñecido prestixio que forman parte da Orquestra Sinfónica de Galicia. Este cuarteto naceu por iniciativa da propia Orquestra para cubrir o oco que existía á hora de interpretar música para pequenas formacións. O programa que van interpretar consta de dous cuartetos. O primeiro deles será o Cuarteto en Do M Emperador de Haydn e, o segundo, o Cuarteto en Do M Disonancias de Mozart. A entrada é libre.

Exposición

A inauguración da exposición do VIII Certame de Fotografía Xosé Manuel Eirís, prevista para o xoves 22 de decembro, tivo que pospoñerse para o vindeiro martes 27 de decembro, por problemas de axenda dalgúns dos asistentes ao Certame.

Compartir: