Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Certame teatral Na Vangarda chega ao seu fin

CULTURA

O Certame teatral Na Vangarda chega ao seu fin

Xoves 1 de decembro do 2005

Ás cinco da tarde, o grupo de teato do IES Rosalía de Castro de Santiago poñerá en escea Ó outro lado do valado, unha versión sobre Lisístrata, onde as mulleres toman medidas extremas ante a guerra. Ás nove da noite será o turno para a Aula de Teatro Universitaria de Ourense Maricastaña, para representar Frankenstein, onde a creación dunha criatura pasa a ser considerada un monstruo polo seu propio creador. A entrada para as dúas obras é gratuíta. Remata así a final do concurso de teatro afecionado Na Vangarda, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, no que se repartirán premios de 10.500 euros. O xurado do certame está formado por programadores, críticos e actores como Cándido Pazó e Manuel Manquiña.

Compartir: