Inicio Carballo ao día Hemeroteca A final do Certame teatral Na Vangarda cumple a...

CULTURA

A final do Certame teatral Na Vangarda cumple a súa segunda xornada

Mércores 30 de novembro do 2005

Ás cinco da tarde, a compañía pontevedresa da Aula de Teatro Quartoescuro poñerá en escea A noite de Molly Bloom, na que o protagonista reflexiona sobre a súa vida, recreándose en pensamentos moi remotos. Ás nove da noite será o turno para a compañía Teatro Luna de Vigo, para representar O Salvaxe Óscar, obra que relata a vida dun escritor atormentado, atrapado no seu mundo cheo de excesos. A entrada para as dúas obras é gratuíta.

Remate da exposición

O mércores 30 de novembro remata a Exposición Galicia en negro e azul na que se poden ver fotografías sobre o movemento social que se produciu en Galicia nos días posteriores ao afundimento do Prestige. Son vintatrés fotografías de Manuel Graña, Xurxo Lobato, Roberto Varela, Ánxel Trillo, Barca Noya e Elena Agulleiro, acompañadas de textos do escritor Séchu Sende. A exposición foi organizada pola Asociación Pedagóxica Galega e se pode contemplar no Pazo da Cultura de Carballo.

Compartir: