Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aborda a terceira fase do traslado...

APROBACIÓN INICIAL DA NOVA ORDENANZA DE TRÁFICO

O pleno aborda a terceira fase do traslado provisional dos postos do mercado municipal durante as obras

Venres 23 de xullo do 2010

Outro dos asuntos da orde do día refírese á convocatoria das bases das bolsas de estudos e transporte para o curso 2010/2010. Así, está previsto conceder un total de 20.240 euros en bolsas repartidas do seguinte xeito: 130 bolsas de segundo ciclo de Educación Infantil de 95 euros; 18 bolsas de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio de 155 euros; e cinco bolsas para Grao Medio ou Superior de 620 euros. Ademais, para transporte concederanse axudas por 2.000 euros. No apartado económico, inclúese unha modificación orzamentaria, mediante suplemento de crédito, do orzamento do Padroado Deportivo Municipal. Así, incorpórase á totalidade o remanente líquido de tesourería, que chega aos 49.662 euros, en previsión de que os ingresos serán superiores aos previstos debido ao incremento no número de abonos. Este importe destinarase a reparacións, á adquisición de maquinaria ou mobles, a limpeza, a equipos informáticos ou á formación de monitores, entre outros.

Así mesmo, está previsto realizar unha modificación orzamentaria, mediante transferencia de crédito do orzamento xeral do Concello de Carballo de 2010. Así, en maio deste ano o Concello encomendáralle nunha sesión plenaria ao Padroado a cobertura de 4 das prazas de socorristas, dun total de 32, para vixiar os areais carballeses durante o verán. Agora, o concello realiza una transferencia de 12.552,77 euros para cubrir o prezo dos salarios e da seguridade social destes catros traballadores. Por último, a orde do día inclúe, no apartado de mocións, unha proposta do grupo municipal do PP sobre a supresión da rotonda do barrio de San Cristovo. Os interesados e interesadas en consultar a orde do día do pleno ao completo poden facelo nesta mesma nova. A sesión ten lugar o luns 26 de xullo ás 20.30 horas.

Compartir: