Inicio Carballo ao día Hemeroteca Omar Percussión Group trae á Praza...

VENRES 16 DE XULLO ÁS 22.30 HORAS

Omar Percussión Group trae á Praza do Concello un concerto cheo de enerxía e ritmo

Venres 16 de xullo do 2010

Omar Percussion Group (OPG) naceu da man de Xurxo Perez Mestre (profesor do Conservatorio de Pontevedra e da Universidade de Vigo, Pontevedra e Ourense), que xunto cos seus colegas Cristian Rodríguez (virtuoso da percusión de man) máis Ximo Sanchís (mente creadora e con moito gusto musical) fixeron este proxecto xuntos. O espectáculo 'VIDA' estreouse en 2010, producido por Visual Q Produccións. Nesta nova proposta os catro elementos fundamentais teñen preparadas unhas vídeo creacións moi significativas, as cales describen as características máis pretas de cada unha. A traxectoria deste grupo de percusión é curta, pero imparable. Dende decembro de 2004 Omar Percussion Group tense inspirado nos traballos dos máis prestixiosos compositores, como, Iannis Xenakis, Nigel Westakle, ou o grande virtuoso N. J. Zivkovic.

A banda presenta os seus espectáculos de percusión con notable frecuencia por toda Galicia, chegando a 15 actuación ao ano, grazas á colaboración da Deputación da Coruña e a Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais). Estes músicos teñen realizado os seguintes espectáculos: 'Percussion Circle', 'Unha viaxe a través das culturas' e o último: 'VIDA'. Omar Percussion Group ten participado nos festivais máis importantes de España, como ETNOSUR en Jaen ou o Festival Internacional de Música de Fregenal de la Sierra, así como en salas de alto prestixio musical como o Círculo de Bellas Artes de Madrid, o Palacio de Congresos Euskalduna de Bilbao ou o auditorio Caixanova de Pontevedra. Toda esta actividade ten convertido a estes músicos nun referente da percusión en España. No futuro, OPG teñen sido invitados a participar nun dos eventos percusivos máis importantes a nivel mundial: o TIPC (Taipei International Percussion Conversation), que se celebrará en maio de 2011 en Taiwán.

Compartir: