Inicio Carballo ao día Hemeroteca O grupo de goberno propón a...

PLENO ORDINANRIO

O grupo de goberno propón a denominación de novas rúas

Venres 25 de novembro do 2005

Ademáis, a sesión plenaria contempla a aprobación do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal P.O.S. 2006 e Plan Complementario. O Plan de Obras e Servicios 2006 da Deputación de A Coruña inclúe unha asignación ao concello de Carballo de 600.613,14 euros, debendo realizar o Concello unha aportación municipal mínima obrigatoria dun 5% para cada inversión. As obras incluidas no Plan de Cooperación son un total de nove, baixo un importe total de 764.018,02 euros. Son a Ordenación e urbanización de Plaza municipal de Bértoa, as Beirarrúas en Oza, a Urbanización en Constenla e Casadelas, o Afirmados camiños en Barreiros e Xoane, o Afirmado de camiño de San Sadurniño a Cornaces, o Afirmado de camiños en Cobas e Reboredo, o Afirmado de camiño en Ponte Guntián, o Afirmado de camiño en Rus, e oAfirmado de camiños en Razo. A comisión informativa de Urbanismo e Desenvolvemento aborda tamén a iniciación de expediente de ocupación directa para apertura da ampliación da rúa Grabador Manuel Facal. Tamén celébranse as comisións informativas de Acción Social, Participación e Persoal e a de Asuntos e Económicos e Especial de Contas. Nesta última, que comeza ás 18,45 horas, abordaranse tres modificacións doutras tantas ordenanzas fiscais. Son as reguladoras das taxas pola prestación do servizo de rede municipal de sumidoiros de augas residuais, polo subministro e acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable e do cemiterio municipal. A comisión informativa de Acción Social, Participación e Persoal aborda a denominación de novas rúas e a adxudicación das Bolsas de Estudo e Transporte, curso 2005-2006. A hora de comezo desta sesión é ás oito e media da tarde.

Compartir: