Inicio Carballo ao día Hemeroteca O balance mensual da Policía Local indica...

NO 2010 TÉÑENSE REXISTRADO 82 ACCIDENTES, 16 CON FERIDOS

O balance mensual da Policía Local indica que en maio teñen descendido os feridos en accidentes de circulación

Martes 22 de xuño do 2010

Revisando o apartado de multas de tráfico tramitadas polo Concello, hai que mencionar que maio é o segundo mes do ano con menos infraccións, cun total de 183. No ano 2010 a Policía Local ten tramitado un total de 1.039 multas, que sumadas ás tramitadas pola Xefatura Provincial de Tráfico suman un total de 1.108. Hai que lembrar que das infraccións tramitadas polo Concello, as alcolemias administrativas, a condución temeraria ou o uso do teléfono móbil conlevan a detracción de puntos no carné de conducir. No apartado de persoas detidas e citacións para xuízo rápido, no mes de maio téñense rexistrado 15 incidencias. Así mesmo, no que vai de ano 2010 a actividade da grúa municipal, incluíndo a retirada e a inmobilización de vehículos, chega a 103 intervencións. Por último, en relación aos servizos asistenciais desempeñados pola Policía Local, como queixas veciñais, alertas de seguridade cidadá, incendios, absentismo escolar ou conflitos familiares, no mes de maio rexistráronse 65 incidencias.

No que respecta á actividade desenvolvida polo Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) de Protección Civil de Carballo, hai que subliñar que das 26 emerxencias atendidas no mes de maio, dous refírense a incendios urbáns: un rexistrado nun faiado e outro unha falsa alarma, ambas incidencias en colaboración co Parque Comarcal de Bombeiros. Tamén se teñen producido dous lumes forestais e un incendio nun vehículo e outro nun colector de lixo. No que respecta a accidentes de tráfico, Protección Civil ten acudido a nove limpezas de vía e tamén ten axudado en dous accidentes laborais. Por ultimo, teñen asistido a dous rescates acuáticos no mes de maio, un na praia de Razo e outro na Pedra do Sal. Fóra do termo municipal, o Grumir ten axudado en dous incendios forestais en Coristanco e nunha busca no río en Val do Dubra. No que respecta ao global da actividade desenvolvida polo Grumir no mes de marzo, con 147 incidencias, a actividade rexistrada é de 246 horas e 45 minutos.

Compartir: