Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúa o ciclo de conferencias Aprender...

PROGRAMA EDUCATIVO

Continúa o ciclo de conferencias Aprender para Educar

Xoves 24 de novembro do 2005

A ponente encargada de dar a conferencia é Cristina Lerma, mestra licenciada en Pedagoxía cunha ampla experiencia no mundo do ensino. Experta en temas transversais, coordinou proxectos de coeducación e convivencia e na actualidade imparte aulas no IES Macías o Namorado de Padrón. Cristina Lerma falará de asuntos como a educación sentimental o ensino de pautas que axuden a comprender as relacións sexuais como unha forma de comunicación afectiva ou como responder ás preguntas sobre a sexualidade. Coa finalidade de dacilitarlle a asistencia aos pais e nais, poñerase a disposición dos mesmos un servizo de canguraxe no Pazo da Cultura, previa reserva no número 981704300 ata o venres, 25 de novembro, ás 14,00 horas. A conferencia terá lugar o venres, ás 20,30 horas, no segundo andar do Pazo da Cultura e a entrada e libre.

Compartir: