Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo enche a fin de semana de música...

XOVES 20 E SÁBADO 22 DE MAIO

Carballo enche a fin de semana de música co alumnado do Conservatorio e o Festival Mozart

Mércores 19 de maio do 2010

O repertorio dos rapaces e rapazas do Conservatorio Profesional de Carballo será moi diverso e interpretaranse pezas de distintas épocas e estilos musicais, incluíndo autores como Haydn, Brahms ou Bach. As intervencións tamén serán variadas en canto ás formacións musicais: iniciarán o concerto os solistas, e rematará o Conxunto de Violíns e a Orquestra de Corda. Animamos a todo o público a asistir a este fermoso e emotivo concerto que estará dirixido e presentado polo violinista do recoñecido e prestixioso grupo Luar na Lubre, Eduardo Coma. No caso do Quinteto de Solistas da OSG, o repertorio, recollido baixo o título xenérico de "Viento en popa", está composto polo Divertimento nº 8 en fa maior, K213 e Divertimento nº 9 en Si bemol mayor, K240 de W. A. Mozart e a obra Quinteto de Claude-Paul Taffanel. A agrupación está formada por Claudia Walker, frautista principal da OSG; Casey Hill óboe solista da OSG; Juan Antonio Ferrer, clarinete solista da OSG; Steve Harriswangler ao fagot e David Busnell á trompa.

O Concello de Carballo vén de establecer unha colaboración co Festival Mozart Coruña que se traduce na celebración de dous concertos que terán lugar na vila entre maio e xuño. Estes concertos levan como título xenérico Festival Express e son una serie de recitais que, distintas formacións da Orquesta Sinfónica de Galicia desenvolverán en varios concellos da provincia da Coruña. Na organización destes concertos inclúese, ademais do Festival Mozart, a Deputación da Coruña, o Consorcio para la Promoción de la Música da Coruña e o propio Concello, entre outros organismos. Os nove concellos que participan no Festival Express, ademais de Carballo, son As Pontes, Betanzos, Boiro, Ferrol, Noia, Ortigueira, Rianxo e Vimianzo. O programa de actos na capital carballesa complétase co Coro de Nenos Cantores da OSG, baixo a dirección de José Luis Vázquez e con Alicia González Permuy ao piano. A cita é o 13 de xuño na Igrexa de San Xoán Bautista a partires das 21.00 horas.

Compartir: