Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para presentarse ao Concurso do...

ATÉ O XOVES 6 DE MAIO

Aberto o prazo para presentarse ao Concurso do Cartel Anunciador das Festas de San Xoán 2010

Luns 5 de abril do 2010

Entre os principais puntos das bases do concurso, hai que mencionar que poderán participar todas as persoas que o desexen, sen límite de idade. Cada autor só poderá presentar unha obra. Non poderán participar os/as concursantes que resultaran gañadores nas últimas dúas edicións deste concurso. A técnica a utilizar será libre dentro dos límites usuais para permitir unha normal reproducción fotomecánica. As obras serán inéditas e os motivos do deseño son libres, se ben deberá figurar o seguinte lema: "San Xoán 2010, do 22 ao 17 de xuño. Carballo". O cartel realizarase en vertical, e o seu tamaño deberá estar comprendido entre 40 e 55 cm de base e 55 e 75 cm de altura. Os traballos deberán presentarse nas oficinas da Concellaría de Cultura do Concello de Carballo, persoalmente ou por correo certificado, entre o 6 de abril e o 6 de maio de 2010. No exterior do sobre que conteña o cartel deberá constar:

CONCURSO DO CARTEL DAS FESTAS DE SAN XOÁN 2010
Concello de Carballo, Pazo da Cultura, Rúa do Pan, s/n
15100 Carballo (A Coruña)

O xurado estará constituído por un mínimo de catro membros da Comisión de Festas e un representante do Concello de Carballo. Nos carteis non deberá constar o nome do autor ou autora, figurando na parte posterior o pseudónimo empregado. Cada traballo irá acompañado dun sobre pechado, que no exterior levará escrito o pseudónimo do/a autor/a, e no interior o nome completo do autor ou autora, enderezo, teléfono, e pseudónimo empregado. Os orixinais que non resulten premiados poderán recollerse no Pazo da Cultura entre o 19 de xullo e o 20 de agosto de 2010. Despois desta data entenderase que os autores renuncian aos mesmos. Os interesados e interesadas en obter máis información poden chamar ao 981 704 300.

As bases do Concurso poden descargarse en pdf nesta mesma nova.

Compartir: