Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicado o contrato administrativo para a...

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS

Adxudicado o contrato administrativo para a dirección da obra de remodelación do mercado municipal

Luns 29 de marzo do 2010

A Xunta de Goberno tamén supuxo a adxudicación provisional do contrato do servizo de 'Limpeza de praias do municipio de Carbalo', que recae en Eulen SA nun prezo ofertado de 75.889,41 euros anuais, por un período de catro anos para chegar a un prezo total de adxudicación de 303.557,63 euros. O prazo é prorrogable, de mutuo acordo, por dous anos máis mediante prórrogas anuais, sen que a duración total do contrato poida exceder os seis anos. A empresa responsable do servizo deberá, segundo a oferta, incrementar o período de prestación da limpeza en dúas semanas en tempada alta (dende o 16 de setembro ao 1 de outubro); e noutras dúas semanas en tempada media (dende 1 ao 15 de abril), así como cumprir as melloras sen custe adicional ofertadas por un importe de 5.857 euros.

No apartado de subvencións, acordouse a solicitude para o período de 2010 das axudas da Deputación Provincial da Coruña para a limpeza de praias. O importe da subvención solicitada é de 33.840 euros, o que cubriría unha porcentaxe estimada dun 40 por cento do gasto previsto polo Concello para esta anualidade. Así mesmo, solicitouse unha subvención para o desenvolvemento de programas de cooperación para o fomento do emprego da Consellería de Traballo, que suporía a contratación de 15 traballadores desempregados beneficiarios deste programa para desempeñar as seguintes funcións: atención a persoas dependentes; eliminación de vertedoiros incontrolados; Brigada de Medio Ambiente; traballo lúdico cultural para a infancia; rehabilitación de contornos urbanos; e organización de expedientes, subvencións e convenios.

Compartir: