Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para a contratación da primeira...

A DIPUTACIÓN APROBOU A LICITACIÓN EN XUNTA DE GOBERNO

Luz verde para a contratación da primeira fase da urbanización da travesía de Sísamo por un importe de 600.000 euros

Venres 9 de abril do 2010

Para a urbanización da rúa existente, establécese un ancho de 16 metros, con dous carriles e circulación de 3,5 metros cada un. Tamén está prevista a creación de estacionamentos en liña a un lado da calzada de 2,5 metros, e beirarrúas námbalas dúas marxes cun ancho de 2 metros. Estes traballos constitúen a primeira das tres etapas previstas para acadar o acondicionamento da travesía ao completo, nun treito total de 2,6 quilómetros, ata O Outeiro. O proxecto da primeira fase aprobouse no pleno ordinario da corporación carballesa celebrado en setembro do ano pasado, o que constituíu o primeiro paso na andaina do proceso de contratación.

O proxecto de mellora da travesía de Sísamo conta con tres fases, polo que o Concello tamén xestionou ante á Deputación a inclusión das fases II e III no Plan de Travesías Provinciais 2008-2011, para poder emprender as melloras até o final da vía, e especialmente no treito que transcorre dende o punto 0,730 ata a escola unitaria de Sísamo. Polo de agora, existe o compromiso do organismo provincial de emprender precisamente a segunda fase, da que xa está en trámites o proxecto no organismo provincial. O Concello tamén adquire á súa vez o compromiso de que, unha vez rematados os traballos, a travesía de Sísamo pasaría a ser de titularidade municipal. Con esta actuación recóllese unha das principais demandas dos veciños e veciñas do barrio de San Cristovo da capital municipal.

Compartir: