Inicio Carballo ao día Hemeroteca O fotógrafo Marcos Rodríguez...

REPARTÍRONSE 1.850 EUROS EN GALARDÓNS

O fotógrafo Marcos Rodríguez resulta gañador do XII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Martes 2 de marzo do 2010

Para tomar a decisión, o xurado reuniuse o pasado sábado 27 de febreiro ás 10.30 horas no Pazo da Cultura. Nesta ocasión, estivo composto por Belén Lendoiro Esmorís, Concelleira de Cultura; José Manuel Menéndez Varela, en representación da Asociación Ambiental Senda Nova; Henrique Hortas López, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Mar Casal Pombo, fotógrafa profesional; Ánxeles Novas Fernández, arquitecta e profesora de debuxo do IES Alfredo Brañas; e María del Carmen Castro Pombo, animadora cultural do Concello de Carballo. Nesta duodécima edición do certame, 78 creadores teñen presentado un total de 196 fotografías. O Concello de Carballo organiza cada ano unha exposición cunha escolma das imaxes que se teñen presentado ao concurso. Nesta ocasión, a inauguración está prevista para o xoves 11 de marzo ás 20.30 horas no terceiro andar do Pazo da Cultura.

Ademais de abrirse ao público a exposición do XII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, durante a inauguración tamén se desenvolverá a entrega de premios. Está prevista a presenza neste acto do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; da Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro; así como dos membros do xurado e dos gañadores dos galardóns. Hai que lembrar que este certame pretende contribuír dende hai doce anos á creación artística e a fomentar a divulgación da fotografía e ten lugar dende o ano 1997. A denominación de 'Xosé Manuel Eirís' provén do recoñecemento que o Concello de Carballo e as entidades culturais do municipio queren render a unha persoa vinculada ao mundo cultural e artístico de Carballo e de Galicia, preocupada pola recuperación e promoción do patrimonio cultural e pola implicación da cidadanía.

Compartir: