Inicio Carballo ao día Hemeroteca O domingo 28 de febreiro remata a I Ruta do...

O SORTEO DE PREMIOS É O MARTES 2 DE MARZO

O domingo 28 de febreiro remata a I Ruta do Pincho de Inverno

Venres 26 de febreiro do 2010

Por outra banda, hai que lembrar que participar na I Ruta do Pincho de Inverno tamén trae premios. Os participantes na ruta optarán a unha cea para dúas persoas por valor de 100 euros no Restaurante-Vinoteca Rincón de Elías (premio patrocinado polos locais participantes na Ruta do Pincho de Inverno). Tamén, quen consigan completar o cartón coa relación de locais con todos os cuños, participarán no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas no Balneario de Carballo en media pensión con tratamento termal incluído (premio patrocinado por Balneario de Carballo). Os participantes deben depositar os folletos cubertos nas urnas que se atopan nos diferentes locais. O sorteo dos premios será nun acto público o martes 2 de marzo ás 18.00 horas no Museo de Bergantiños.

Algunhas das apostas culinarias que se desfrutaron durante estes días e que aínda se poden disfrutar son: crêpes de bechamel e marisco; bolos preñados; filloas recheas; ou crema de queixo do Cebreiro con crema de membrillo e noz caramelizada. Hai que subliñar o protagonismo nos pinchos de produtos locais, coa presenza en moitas das receitas do pan de Carballo. Os establecementos que toman parte na iniciativa son: Cafetería Habanos 79, Mesón A Cabaña, O Xabarín, Cafetería Baños Viejos, Os Mareantes, Restaurante-Vinoteca Rincón de Elías, Restaurante Bergantiños, O Rincón - Viños e Xantares, Cervecería Dublín Carballo, Café-Vinoteca Ánfora, Cafetería El Juzgado.

Compartir: