Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello ten recibido en xaneiro de 2010 un...

OBRAS E SERVIZOS

O Concello ten recibido en xaneiro de 2010 un total de 187 avisos de veciños e veciñas

Martes 16 de febreiro do 2010

O segundo dos servizos que máis teñen demandado os veciños e veciñas neste ano 2010 enmárcase dentro do programa de Carballo Limpo, con 57 avisos. Este servizo comprende diversas accións destinadas a conservar o medio ambiente grazas á colaboración da veciñanza, e dentro das súas actuacións inclúense, por exemplo, os labores de desratización ou os de mantemento dos colectores de recollida de lixo e de recollida selectiva. En terceiro lugar atópanse os servizos en xeral de auga, luz, recollida de lixo, saneamento ou teléfono, que neste caso supuxeron o motivo de 11 chamadas por parte dos carballeses e carballesas. Respecto a outras áreas, neste mes de xaneiro case non tiveron incidencias, con 8 avisos sobre mobiliario urbano ou instalacións municipais; 2 sobre o arranxo de beirarrúas ou baches; 1 acerca dos sinais do municipio; e 1 sobre a limpeza de espazos públicos e zonas verdes.

No que respecta á distribución por parroquias, aquelas nas que se teñen experimentado máis incidencias son as de Sofán e Carballo, seguidas de Oza, Rus e Bértoa. Hai que subliñar que a Brigada de Obras de Carballo traballa a diario na realización de melloras para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. Así mesmo, hai que lembrar que Carballo ten subscrito un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias para colaborar nun programa de cumprimento de penas con traballos en beneficio da comunidade. Os penados levan a cabo -sen retribución algunha- tarefas de mantemento, conservación e limpeza de servizos e espazos públicos do Concello en horario laboral de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas na Brigada de Obras e en Protección Civil. Os traballadores colaboran no coidado e limpeza de parques e xardíns, mobiliario urbano, vías ou edificios públicos, entre outros labores.

Compartir: