Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aborda a permuta dunha parcela para crear...

O INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS ESTÁ VALORADO EN 258 MILLÓNS

O pleno aborda a permuta dunha parcela para crear unha subestación eléctrica no Polígono de Bértoa

Venres 19 de febreiro do 2010

A sesión plenaria tamén inclúe a aprobación das correspondentes modificacións realizadas ao longo de 2009 no Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo. Así, a raíz da actualización dos datos tense feito un resumo con data de 31 de decembro de 2009 no que constan os seguintes importes. Así, Carballo conta con 7.783 bens inmobles valorados en 254.314.880 euros; con 65 mobles histórico artísticos valorados en 286.734,84 euros; con 260 valores mobiliarios, créditos e dereitos de carácter persoal por 25.996,41 euros; con 49 vehículos por un importe de 342.732,23 euros; e con un total de 4.784 bens mobles por un importe de 3.462.651,90 euros. O total do valor do Inventario Municipal de Bens é de 258.432.995,61 euros, téndose producido ao longo de 2009 un incremento de cinco millóns de euros neste valor.

A orde do día inclúe, así mesmo, outros asuntos, como a designación de sendos representantes nas Asembleas Xerais de Caixanova e Caixa Galicia. O Concello ten decidido designar no primeiro caso á Tesoureira Municipal e no segundo á Interventora, dado que a norma impide a designación de cargos electos. Por último, a sesión abordará varias mocións presentadas polos grupos municipais de PP e TEGA. Por parte do PP hai unha en apoio á Lei Galega de Caixas; outra instando á Administración Local á invitación de empresas locais nos procesos de contratación; outra relativa ao arranxo da pista de Campos de Bolón-Sofán a Vilardefrancos-Artes (xa prevista polo Concello na mellora xeral de todo o viario municipal); e unha última sobre o acondicionamento dun espazo público no lugar de As Pallas-Artes. TEGA presenta unha sobre a situación precaria da vivenda dun veciño de Berdillo; e outra pedindo a celebración dunha xuntanza de voceiros municipais.

Compartir: