Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita ante Educación a...

MATRÍCULA PREVISTA DE 291 NENOS EN INFANTIL EN 2010

O Concello solicita ante Educación a ampliación do CEIP Bergantiños para solucionar os problemas de escolarización

Xoves 18 de febreiro do 2010

O Concello de Carballo ten recollido nos orzamentos municipais un investimento, ao longo do ano 2010, de preto de 600.000 euros en centros de ensino do municipio. Así, o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local 2010 recolle a creación dun pavillón polideportivo cuberto no CEIP Nétoma-Razo, con 284.306,33 euros; o peche do polideportivo do CEIP A Gándara de Sofán, con 39.818,78 euros; e a realización de melloras eléctricas en todos os centros educativos de Infantil e Primaria do Concello por un importe de 62.671,63 euros. A estas actuacións hai que engadir o desenvolvemento dun Plan de accesibilidade financiado pola Deputación provincial e por un importe de 190.000 euros para o CEIP Fogar.

Tanto o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, como a Concelleira de Educación, Mar Eirís, transmitíronlle á Xefa Territorial a natureza destas actuacións e subliñaron a necesidade de que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que dirixe Xesús Vázquez tente solucionar os problemas de escolarización que se prevén para setembro de 2010. Tamén hai que lembrar que o prazo de solicitude de admisión para a matrícula dos nenos de tres anos para o próximo curso no Concello de Carballo principia o próximo 1 de marzo e que se prolongará durante todo o mes, até o día 31.

Compartir: