Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Grupo de Acción Costeira Costa da Morte...

ENTRE O 11 E O 13 DE FEBREIRO

O Grupo de Acción Costeira Costa da Morte organiza unha campaña informativa sobre as axudas europeas

Venres 5 de febreiro do 2010

Os GAC son grupos de entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal de cooperación e compromiso. Están formados por distintos axentes tanto públicos como privados da zona, con especial protagonismo dos pertencentes e relacionados co mundo pesqueiro. Os GAC teñen que liderar as accións, fomentando a participación activa das organizacións representativas dos diversos sectores. O seu traballo está dirixido ao desenvolvemento local e ao fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesqueiro, así como á estimulación da innovación e unha diversificación para os profesionais do mar, buscando a continuidade e estabilidade sostible. Para fomentar os GAC establécense distintas medidas subvencionables, incluídos os gastos de xestión dos grupos e a creación de estratexias para o desenvolvemento local.

As axudas do Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca 2007-2013 están especialmente destinadas ao fornecemento da competitividade nas zonas pesqueiras; á reestruturación, diversificación e reorientación das actividades económicas; ao aumento do valor dos produtos pesqueiros; á creación de servizos turísticos e pesqueiros; á protección do medio ambiente; á cooperación dos axentes económicos; á creación de capacidades para a creación de estratexias de desenvolvemento local; ou ao restablecemento da actividades despois de catástrofes naturais ou industriais. Os horarios concretos das sesións son os seguintes:

  • Camariñas:
  • Data: 11 de febreiro
  • Hora: 18.00 horas
  • Lugar: Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Camariñas
  • Enderezo: Av. Ambrosio Feijóo nº 5 - Camariñas
  • Cabana:
  • Data: 12 de febreiro
  • Hora: 20.00 horas
  • Lugar: Centro de Maiores de Neaño
  • Enderezo: Lugar de Balado, nº 67- Cesullas
  • Malpica:
  • Data: 13 de febreiro
  • Hora: 11.30 horas
  • Lugar: Centro Comarcal Bergantiños
  • Enderezo: Lugar A Camposa s/n - Buño

Compartir: