Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o proxecto de urbanización do...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o proxecto de urbanización do polígono 11, situado no entorno da Vila de Negreira

Luns 1 de febreiro do 2010

A orde do día da Xunta de Goberno tamén inclúe a adxudicación provisional do expediente para o contrato administrativo das obras de 'Urbanización do polígono 27' da capital municipal, situado no entorno da rúa Perú. A empresa encargada dos traballos é Construcciones Vázquez y Reino SL, que ten ofrecido un prezo de 130.036 euros. O prazo de execución das obras é de nove meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de replantexamento. Así mesmo, tamén se adxudicou provisionalmente o contrato para a 'Explotación da cafetería-restaurante do Pazo da Cultura do Concello de Carballo', por un importe de 16.560 euros anuais e un prazo de tres anos con posible prórroga. O prezo irase actualizando cada ano conforme ao IPC.

No apartado de expedientes de contratación, hai que mencionar a aprobación do contrato de obras da 'Pavimentación de pista en Constela', incluída no Plan de Obras e Servizos (POS 2009) adicional da Deputación da Coruña. O orzamento de contrata chega a 52.806 euros. Tamén, dentro do Plan Provincial de Axuda contra a Crise, deuse luz verde ao contrato da obra de 'Reposición de camiños das parroquias do Concello de Carballo'. O orzamento de licitación é de 270.623,97 euros. A orde do día inclúe a concesión de catro novos vaos permanentes, de tres licenzas de obra, de tres licenzas de obra e apertura e de sete licenzas de primeira ocupación -dúas delas para a ocupación de tres naves industriais do polígono de Bértoa.

Por último, no que respecta a subvencións, a Xunta de Goberno aprobou as bases para optar ás axudas da Cabalgata de Reis 2010 e tamén solicitou axuda dos programas de apoio á cultura e o deporte. No apartado de cultura, acordouse abrir un prazo de 20 días para a presentación de solicitudes das agrupacións musicais do municipio para subscribir o Convenio de Actuacións Musicais a favor de grupos de Música e Danza Tradicional, Masas Corais, Orquestras, Conxuntos e Bandas de Música para o ano 2010. Por último, a Xunta de Goberno sacou adiante o programa de actividades do Antroido 2010.

Compartir: