Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobados no pleno os orzamentos do Concello para...

LUZ VERDE PARA O FONDO ESTATAL

Aprobados no pleno os orzamentos do Concello para 2010, que inclúen 5,5 millóns de euros de investimentos reais

Martes 26 de xaneiro do 2010

Ademais dos proxectos xa mencionados, no capítulo de investimentos tamén está prevista a creación dunha nova escola infantil ou a urbanización do polígono 3 da capital municipal, situado no entorno do edificio de Facenda e o Centro de Saúde. Así, hai unha partida de 174.000 euros para gastos de urbanización. Tamén está prevista a reforma do edificio do antigo ambulatorio para destinalo a uso administrativo con 305.430 euros e inclúense as obras incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS 2010) con 693.758 euros. Os orzamentos do Concello prevén, así mesmo, actuacións destinadas a favorecer a dinamización e formación dos mozos e mozas de Carballo, xa que está recollida unha achega de 358.000 euros para realizar obradoiros formativos.

A corporación tamén aprobou o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local, que nesta ocasión inclúe 20 proxectos e que irá destinado, na súa maioría, a Os proxectos irán destinados na súa maioría a saneamentos, con 1.957.000 euros; e a aforro enerxético, con 843.000 euros. O resto investirase en melloras en centros educativos municipais, como na creación dun pavillón polideportivo no CEIP Nétoma-Razo, con 284.306,33 euros; ou noutras melloras, como o proxecto básico de execución de rehabilitación para a conservación do local social da Brea. O grupo de goberno sacou adiante a proposta.

Por último, a sesión plenaria de xaneiro tamén serviu para aprobar unha modificación no traslado provisional dos postos do mercado municipal de abastos que acepta unha alegación presentada por un establecemento que solicita permanecer nos postos exteriores o maior tempo posible durante as obras. Tamén saíron adiante algunhas modificacións na Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello; o Plan de Emprego e un informe sobre expedientes de xeración de crédito do cuarto trimestre de 2009. A corporación aprobou por unanimidade unha moción do PP que propón a celebración, por parte do Concello de Carballo, dunha homenaxe ao corpo de bombeiros voluntarios, que cumpre 30 anos.

Compartir: