Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o expediente de contratación para...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o expediente de contratación para a dirección da seguridade da obra de remodelación do mercado municipal

Luns 18 de xaneiro do 2010

No que respecta á solicitude de subvención para o Fomento da política de Igualdade entre mulleres e homes, o Concello solicita unha axuda destinada a proporcionar medidas para unha mellor conciliación da vida persoal, familiar e laboral das mulleres carballesas, ofertando servizos con persoal especializado para a realizar actividades e atencións dirixidas a nenos e nenas dentro do Programa Concilia. O importe da solicitude é de 40.000 euros. Así mesmo, pídese unha axuda de 191.895,44 euros para un programa de información, orientación e valoración de Atención Primaria de Servizos Sociais, para o que se precisan 4 traballadores sociais e 1 auxiliar administrativo. Por último, a terceira solicitude refírese ao desenvolvemento de programas de envellecemento activo para 2010 por un importe de 5.000 euros.

No apartado de convenios, sacáronse adiante tres. Un de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello para desenvolver o programa Xantar na casa para persoas maiores de 60 anos dependentes ou en situación de exclusión social. Outro é coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia para desenvolver o proxecto da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, que ten a súa sede no Telecentro do primeiro andar do Pazo da Cultura. Por último, saíu adiante un acordo entre o Concello e o Centro Comercial Aberto Carballo (CCA) destinadas a consolidar un centro comercial aberto na vila, coa achega de medios e insercións publicitarias, entre outras medidas.

A Xunta de Goberno tamén supuxo a aprobación do programa dos Venres Culturais 2010; luz verde a seis novos vaos permanentes; cinco licencias de obra; unha de apertura; e dúas licenzas de primeira ocupación.

Compartir: