Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os usuarios máis veteranos e os...

A INAUGURACIÓN OFICIAL SERÁ O XOVES 21 DE XANEIRO

Os usuarios máis veteranos e os máis recentes das piscinas municipais descubren as novas instalacións da Vila de Noia

Sábado 16 de xaneiro do 2010

Ademais de engadir a zona de spa, as obras tamén supuxeron unha completa remodelación da zona de vestiarios, na que agora hai 2 principais e outros 6, con novas duchas, taquillas e azulexos. O vaso principal tamén perdeu en profundidade, xa que un adulto fai pé en case toda a superficie do mesmo, o que permitirá no futuro poñer en marcha actividades como aquafitness. No lugar onde anteriormente estaban as bancadas, agora sitúase a zona de spa, con curiosidades como o feito de ter tres duchas con cabina nas que se pode desfrutar da ducha escocesa -con chorros laterales de calor e frío-; da tres estacións, -coa posibilidade de seleccionar: ducha fría con luz azul e aroma a menta, ducha morna con luz verde e olor a pino, e ducha quente con luz vermella e olor a mango-; e da bitérmica, que alterna auga fría e quente. Por último, está o baño de vapor, que xunto coa sauna e o banco térmico ten unha capacidade standar para 10 ou 12 persoas.

Despois desta primeira visita, na que estiveron membros do Goberno local, co Alcalde, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, está previsto que a inuguración oficial sexa o xoves 21 de xaneiro, coa visita do Delegado do Goberno, Antón Louro. A partir dese momento, a administración local espera que as instalacións poidan abrirse ao público. Poren, ao principio o acceso á zona spa non será libre. Así, está previsto establecer quendas de uso guiado con monitores, para que a xente se habitúe e aprenda a empregar cada elemento do spa, e a saber, por exemplo, canto tempo é recomendable permanecer en cada zona do circuíto. Os abonados e abonadas poden inscribirse no Padroado Deportivo Municipal para poder acceder en grupos e comezar a desfrutar das novas vantaxes da piscina e tamén no teléfono 981 70 21 09. Así mesmo, o Concelleiro de Deporte quixo subliñar que a partir da apertura da piscina Vila de Noia está previsto que alomenos esta instalación ou a Carballo Calero estea aberta os sábados polas mañás e pola tarde e os domingos pola mañá. Así mesmo, lembrou que, en breve, está previsto que principien os cursiños de natación na nova piscina.

Compartir: