Inicio Carballo ao día Hemeroteca O 18 de xaneiro inicíase o apagón...

IMPLANTACIÓN DA TDT

O 18 de xaneiro inicíase o apagón do sinal de televisión analóxico no territorio municipal

Venres 15 de xaneiro do 2010

Para empezar a disfrutar da Televisión Dixital Terrestre hai que seguir tres pasos:

  • Comprobar que se encontra nunha zona con cobertura TDT. Pode consultarse na páxina web <www.impulsatdt.es>.
  • Ter adaptada a instalación de cabeceira de televisión para recibir canles TDT.
  • Dispoñer dun equipo receptor de TDT.

No caso de que os veciños e veciñas non vivan nunha zona con cobertura de TDT, os afectados ou afectadas deberán poñerse en contacto cun distribuidor autorizado para a instalación dun receptor de TDT por satélite. O instalador comprobará que efectivamente non existe cobertura suficiente para acceder á TDT cun descodificador e tramitará a solicitude correspondente para que poida acceder á televisión por satélite. O custo da instalación dependerá do número de televisores que posúa e as condicións da vivenda. Para facer calquera tipo de reclamación hai que poñerse en contacto coa Xunta de Galicia, a administración responsable da implantación do servizo, xunto co Estado Central. As administracións locais non teñen competencias nesta materia.

Os interesados e interesadas poden cosultar un documento coa información máis relevante acerca da instalación da TDT nesta mesa nova. Por outra banda, tamén existen axudas para solicitar de xeito gratuíto un receptor de TDT. Para obter máis información sobre este tema, premer aquí.

Compartir: