Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello recorre aos xulgados para facer...

O PROPIETARIO DEBERÁ AFRONTAR O PAGO DAS COSTAS DO PROCESO

O Concello recorre aos xulgados para facer efectiva a limpeza dunha finca para a prevención de incendios

Mércores 13 de xaneiro do 2010

Poren, o servizo municipal de Protección Civil comprobou ese mesmo día ás 12.00 horas que o propietario tiña realizado os labores en última instancia, e que a finca estaba limpa dos restos da tala de pinos, así como das especies arbóreas que puideran supoñer un perigo para a propagación de incendios, polo que o Concello non tivo finalmente que realizar os traballos de limpeza. A pesares diso, o propietario vai ter que afrontar o importe das costas do proceso xudicial levado a cabo para obter o permiso necesario para poder entrar na parcela, situada no polígono 140 e rexistrada co número 41 na parroquia de Ardaña. Así, o Concello vai efectuar o requirimento oportuno.

A limpeza de fincas e parcelas para a prevención de incendios forestais está recollida na Lei 3/2007 do 9 de abril de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, así como no Decreto 105/2006 do 22 de xuño da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. No artigo 7 da Lei consta que ás administracións locais correspóndelles a ordenación e execución das obras necesarias para conservar e manter o solo e a biomasa vexetal nas condicións precisas que eviten los incendios, incluíndo a ordenación e execución subsidiaria da xestión da biomasa. Así mesmo, segundo os artigos 21 e 22, os titulares daquelas fincas situadas a menos de 50 metros do perímetro do monte ou nun cinto de 100 metros de distancia de calquera núcleo poboacional deben manter as súas fincas libres de especies que poidan supoñer un risco para a propagación de incendios.

O Concello de Carballo anima aos veciños e veciñas a que cumpran coa Lei de Prevención promulgada pola Xunta de Galicia e que respecten as normas, xa que teñen adoptado e adoptarán no futuro as medidas pertinentes para facer efectiva a lexislación para a defensa contra os incendios forestais.

Compartir: