Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo recibiu ao longo de 2009...

OBRAS E SERVIZOS

O Concello de Carballo recibiu ao longo de 2009 un total de 1.408 avisos de veciños e veciñas

Martes 5 de xaneiro do 2010

En porcentaxes, o segundo dos servizos que máis demandan os veciños e veciñas enmárcanse dentro do programa de Carballo Limpo, cun 32,2 por cento das demandas e un total de 454 avisos. Este servizo comprende diversas accións destinadas a conservar o medio ambiente grazas á colaboración da veciñanza, e dentro das súas actuacións inclúense, por exemplo, os labores de desratización ou os de mantemento dos colectores de recollida de lixo e de recollida selectiva. En terceiro lugar atópanse os servizos en xeral de auga, luz, recollida de lixo, saneamento ou teléfono, pero xa cun 5,4 por cento e un total de 77 avisos. Logo, están os avisos relacionados co equipamento e o mobiliario das instalacións deportivas e os edificios municipais. Con 74 avisos supoñen o 5,3 por cento.

Os avisos relacionados coa sinaléctica, é dicir, coa substitución e reparación de sinais de tráfico e carteis indicadores, abarcan cun total de 47 peticións que supoñen o 3,3 por cento do total. As peticións referentes á limpeza de zonas verdes, parques, xardíns e zonas públicas en xeral son un total de 34 e supoñen o 2,3 por cen do total. Por último, os cidadáns tamén teñen atopado deficiencias na rede viaria, con 33 avisos. Téñense realizado labores de bacheado e arranxos de beirarrúas, entre outros. Por meses, o que tivo un maior número de incidencias foi o de decembro, con 158, e a maioría das peticións céntranse no último trimestre do ano. Por parroquias, a que rexistra un maior número de avisos é a de Carballo, seguida de Sofán e Rus. Os veciños e veciñas interesados en obter máis información sobre os servizos de mantemento do Concello poden facelo nesta mesma páxina web, <www.carballo.org> ou na web de <www.carballolimpo.com>.

Compartir: