Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Padroado Deportivo pecha o 2009 co mellor...

UN TOTAL DE 1003 ABONOS E 262.323 EUROS

O Padroado Deportivo pecha o 2009 co mellor balance da historia en ingresos e número de abonados

Mércores 30 de decembro do 2009

Así mesmo, tamén se ten rexistrado un aumento no número de inscritos a cursiños, cun total de 1080 participantes, superándose por primeira vez a barreira dos mil. Neste apartado destacan os 417 inscritos en cursiños de iniciación e perfeccionamento de natación en nenos e nenas de entre 3 e 12 anos; os 196 en natación de adultos; ata un total de 1080 engadindo os participantes en natación terapéutica, de maiores e ximnasia de mantemento. Así mesmo, está previsto que a oferta aumente en 2010 coa reapertura en xaneiro da piscina Vila de Noia, que cos seus novos servizos de spa poderá acoller cursos de natación para bebés e embarazadas, así como de aquafitness.

Precisamente, a pesares de que durante a metade do ano as obras da piscina Vila de Noia fixeron que permanecera pechada, producíronse un total de 89.605 accesos ás piscinas (datos a 29/12/2009). Nestes momentos xa esta enchéndose o vaso para poder abrila canto antes, ao igual que as novas oficinas do Padroado Deportivo Municipal, que se trasladan ao complexo deportivo Vila de Noia e que xa están rematadas para poder abrirse en xaneiro. Contan cunha zona de recepción, tres amplos despachos, un arquivo, un aseo con ducha e acceso ao pavillón polideportivo Vila de Noia. Estas novas instalacións completan as que xa se teñen aberto ao longo de 2009, como o novo campo de herba artificial das Eiroas e o Circuíto de Motor de Bértoa.

O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo agradecer o esforzo do xerente do Padroado, Francisco García Bello, e aos técnicos deste organismo, por axudar a chegar á cifra de 1.000 abonos. Explicou que o obxectivo é "optimizar as instalacións e facer programacións deportivas sostibles". Ferrero subliñou o feito de que o Concello soportase en 2003 o 93 por cento do gasto do Padroado, mentres que para 2010 se vaia chegar ao 41 por cen. Tamén está previsto aumentar a plantilla do Padroado con dúas novas incorporacións. Todo para "asumir novos retos en 2010 para que o deporte en Carballo siga a ser unha referencia".

Os interesados e interesadas tamén poden consultar nesta mesma nova as axudas a desprazamentos concedidas a deportistas ou entidades deportivas na tempada 2008-09.

Compartir: