Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o traslado provisional dos postos do...

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DE DECEMBRO

Aprobado o traslado provisional dos postos do mercado municipal mentres duren as obras da reforma integral

Martes 29 de decembro do 2009

Outro dos asuntos da orde do día que saíu adiante é unha modificación nos investimentos que se financian con cargo á operación de crédito de 2,5 millóns de euros subscrita polo Concello a principios deste ano 2009. Así, na execución orzamentaria do exercicio de 2009 producíronse tres baixas nas partidas que suman un total de 205.216 euros e que serán reasignadas para o financiamento das obras da Casa dos Oficios no ano 2010. En total, non se empregaron 52.640 euros para a adquisición de terreos e aforráronse 28.775 euros na adxudicación dos traballos da Casa dos Oficios. Así mesmo, hai recollidos no crédito 123.799 euros para a construción dunha terceira escola infantil en 2010, importe que non se vai investir porque a Xunta non ten previsto construír unha gardería en Carballo no próximo exercicio.

Por último, tamén saíron adiante os seguintes asuntos da orde do día: a concesión das bolsas de estudo e transporte para o curso 2009/2010; a aprobación da tarifa media vixente dos servizos de auga potable e depuración de augas residuais de Aquagest; e a prórroga por 5 anos do contrato administrativo de xestión do servizo público de abastecemento e saneamento do Concello, que tamén recae en Aquagest. Este contrato foi subscrito en 1994 e recolle a posibilidade de prórroga despois de 15 anos, durante outros cinco anos sucesivamente, e até un máximo de 50 anos. Por último, fóra da orde do día, aprobouse a realización de pequenas modificacións na proposta do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación para 2010.

Compartir: