Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aborda a aprobación do traslado...

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO MES DE DECEMBRO

O pleno aborda a aprobación do traslado provisional dos postos do mercado municipal durante as obras

Mércores 23 de decembro do 2009

Outro dos asuntos da orde do día é unha modificación nos investimentos que se financian con cargo á operación de crédito de 2,5 millóns de euros subscrita polo Concello a principios deste ano 2009. Segundo informaron o Alcalde, Evencio Ferrero, e o Tenente de Alcalde, José Antonio Viña, na execución orzamentaria do exercicio de 2009 producíronse algunhas baixas nalgunhas das partidas. Así, non se empregaron 52.640 euros para a adquisición de terreos e aforráronse 28.775 euros na adxudicación dos traballos da Casa dos Oficios do Proxecto Fórum. Por outra banda, aínda que nos orzamentos de 2009 existían partidas reservadas para a construción de dúas novas escolas infantís, finalmente as previsións da Xunta para 2010 son que só se levará a cabo unha das dúas. Polo tanto, hai recollidos no crédito 123.799 euros -o 20 por cento do importe total previsto para a futura gardería- que non se van investir. Finalmente, as tres baixas suman 205.216 euros, que serán reasignados a unha partida do crédito destinada ao financiamento da Casa dos Oficios no ano 2010.

A orde do día do pleno tamén recolle a concesión das bolsas de estudo e transporte para o curso 2009/2010; a aprobación da tarifa media vixente dos servizos de auga potable e depuración de augas residuais de Aquagest; ou a prórroga por 5 anos do contrato administrativo de xestión do servizo público de abastecemento e saneamento do Concello, que tamén recae en Aquagest. Este contrato foi subscrito en 1994 e recolle a posibilidade de prórroga despois de 15 anos. Ao tratarse dunha prórroga, a primeira que se subscribe, manteranse as mesmas condicións que no acordo orixinal. Por último, a corporación debaterá unha moción de Terra Galega sobre o Plan de Ordenación do Litoral da Costa da Morte. Xa fóra da orde do día, levarase ao pleno a realización de pequenas modificacións na proposta do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación para 2010.

Compartir: