Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura acolle até o 24 de...

NA SALA DA BAIXOCUBERTA DE 18.00 A 21.00 HORAS

O Pazo da Cultura acolle até o 24 de xaneiro a 'I Exposición de motos Clásicas'

Mércores 23 de decembro do 2009

No acto de inauguración da exposición estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro; o presidente da Asociación Cultural Deportiva e Recreativa amig@s das Motos Clásicas de Bergantiños, Francisco Serrano García; e a vicepresidenta María Dolores Serrano Bolón. Esta última quixo subliñar o grande traballo que se ten desenvolvido para poder restaurar as pezas, ademais da grande inversión e esforzo persoal que supón mantelas en bo estado. Desexou que a exposición "sexa viva e que todos os carballeses e carballesas desfruten co encanto as motos clásicas".

Entre as motos coas que conta a mostra, hai que destacar a presenza de Montesas, Guzzi, Emeuves (MV) ou Bultacos, de anos como 1956, 1963 ou 1965. Algunhas delas contan incluso con maleta. Tamén resulta curiosa unha motocicleta deseñada especialmente para mulleres, cunha cesta na parte dianteira, debaixo do faro, e unha estrutura máis lixeira. Trátase da Montesa Mini, de 49 centímetros cúbicos e do ano 1970. O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo agradecer a iniciativa da asociación á hora de montar a exposición e subliñou a grande afición ao mundo do motor que existe en Carballo, e que iniciativas como estas poden contribuír a "manter esta afición e as tradicións".

Compartir: