Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicación provisional do Servizo de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicación provisional do Servizo de Asesoramento Xurídico a Inmigrantes e Emigrantes retornados do Concello

Luns 21 de decembro do 2009

A Xunta de Goberno tamén serviu para sacar adiante oito certificacións de obra. Por unha banda, a certificación sexta da 'Urbanización rúa Vila de Negreira', do FEIL (Fondo Estatal de Investimento Local) 2009, por 85.465 euros; a certificación terceira da obra 'Rede de saneamento parroquia de Oza 2ª Fase', do POS (Plan de Obras e Servizos) 2008, por 32.666 euros; a certificación sexta da obra 'Travesía Fondal a Igrexa de Bértoa', do FEIL 2009, por 15.130 euros; a certificación cuarta da 'Urbanización e dotación de servizos, rúas Lagoa, San Xosé, Oleiros e Carpinteiros', do FEIL 2009, por 127.737 euros; e a certificación única da obra 'Reposición e reforzo de firmes na parroquia de Xoane-Goians', por 18.125 euros

Por outra banda, aprobouse a certificación terceira e última da obra 'Reparación completa do firme da prolongación da avenida Bergantiños', por 50.715 euros; a certificación primeira da obra 'Rede de saneamento en Añón, 3ª Fase, parroquia de Berdillo', do POS Adicional 2008 por 35.429 euros; e a certificación primeira e única da obra 'Reurbanización parcial da rúa Gravador Manuel Facal' por 26.271 euros. Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou tres licenzas de obra, unha licenza de obra e apertura, dúas licenzas de primeira ocupación, e a segregación e simultánea ordenación dunha parcela situada no lugar de Cernide.

Compartir: