Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Servizo de Normalización...

TAMÉN HAI ETIQUETAS PARA COLOCAR NOS AGASALLOS

O Servizo de Normalización Lingüística distribúe as cartas dos Reis Magos nos principais puntos da vila

Xoves 17 de decembro do 2009

Nesta misiva, Melchor, Gaspar e Baltasar din que lles encanta "que cada pobo se exprese na súa lingua, que é a maior riqueza e o maior tesouro da súa cultura", por iso din que eles saben "todas as linguas do mundo!". Deste xeito, salientan que lles gustaría "que todas as nenas e todos os nenos de Carballo nos escribísedes na lingua de Galicia, en galego. En Oriente fainos moita ilusión recibir cartas no voso idioma!". Para facilitar este desexo dos Reis, eles mesmos encargáronse de enviar modelos de cartas para que os/as nenos/as as poidan escribir. Deixáronas nos colexios, nalgúns comercios, na Ludoteca, no Pazo da Cultura, etc.

E, ademais das cartas, tamén deixaron unhas etiquetas para que poidan utilizar aqueles comercios que colaboran con eles para que os nenos vexan e poidan encargar os agasallos. Estas etiquetas, que levan o lema 'Cos mellores desexos', sonlles moi útiles aos Reis para indicar para quen é cada regalo, e así non haber confusións nin equivocacións. Todos os comercios que queiran repartir eses modelos de cartas e utilizar esas prácticas etiquetas, poden recollelas no ervizo de Normalización Lingüística, no Pazo da Cultura, pois alí os Reis deixaron unha boa cantidade delas para que as poidan utilizar.

Melchor, Gaspar e Baltasar rematan a súa carta dirixida aos/ás nenos/as lembrando que "o día 5 de xaneiro xa nos vemos polas rúas de Carballo... E despois, non esquezades ir para a cama cediño e deixarnos unha cunca de leite quentiño, para que así nós poidamos ir polas casas a deixarvos todas as sorpresas que merecedes". Os interesados e interesadas poden descargar nesta mesma nova tanto a carta dos Reis, como o modelo de carta para os nenos e nenas.

Compartir: