Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o expediente de contratación para...

ADXUDICACIÓN DA INSTALACIÓN DE PANEIS SOLARES NA PISCINA

Aprobado o expediente de contratación para a 'Execución da remodelación do Mercado Municipal'

Mércores 9 de decembro do 2009

Así mesmo, a Xunta de Goberno serviu para efectuar a adxudicación provisional do contrato da obra 'Instalación de enerxía solar térmica e reforma da produción de ACS na Piscina Municipal de Carballo'. A empresa adxudicataria é Ifecgas Pereira SL por un importe de 182.476,10 euros. O prazo de execución ofertado é de preto de dous meses. Esta actuación realízase a través dunha achega da Deputación provincial da Coruña e implica a instalación de paneis solares para o subministro de enerxía na piscina Vila de Noia da capital municipal, do mesmo xeito que se fixera coa Carballo Calero.

No que se refire ao apartado de obras, os concelleiros tamén aprobaron o expediente de contratación para os traballos de urbanización do polígono 27 da capital municipal, situado no entorno da rúa Perú, o que axiliza o inicio das obras. O Concello, ademais de asumir a contratación da actuación, tamén afronta os gastos para acondicionar o tramo sen urbanizar da rúa Perú, porque así está estipulado no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Así se fixo no polígono 26 (que recollía o primeiro treito da rúa) e así se vai asumir agora. O custo desta actuación elévase a 133.788 euros, e o Concello espera adxudicar as obras, despois de terse aprobado o expediente nesta Xunta de Goberno, antes de que remate o ano.

Por último, no apartado de convenios, aprobouse un acordo subscrito entre o Concello de Carballo e a Consellería de Medio Ambiente para sufragar os gastos da xestión dos residuos voluminosos. Así mesmo, saíu adiante un acordo para o desenvolvemento do programa de Antenas da Cámara de Comercio polo que se prolongan os servizos de proximidade que se ofrecen para a pequena e mediana empresa en Carballo. Para rematar, tamén se aprobou un convenio para a realización de prácticas entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello.

Compartir: