Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Aula Aberta da Rede de Dinamización...

O CENTRO CONTA CON 30 NOVOS USUARIOS E USUARIAS

A Aula Aberta da Rede de Dinamización empregouse en máis de 500 ocasións no mes de novembro

Mércores 9 de decembro do 2009

Asemade, 31 persoas inscribíronse como novos usuarios e usuarias da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que se ofertan nas horas de aula aberta, que foi utilizada no mes de novembro nun total de 523 ocasións. En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar no Concello de Carballo en xaneiro de 2007, teñen sido xa 797 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 70 obradoiros nos que se formou a 614 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 3 charlas e 7 iniciativas, nas que participaron 40 persoas.

A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. Para inscribirse en calquera das actividades ou para solicitar máis información, os interesados e interesadas poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Carballo, sito no Pazo da Cultura, primeiro andar (rúa do Pan, s/n), chamar ao teléfono 981 704 300 ou mandar un correo electrónico ao enderezo <soraya.carballo@dinamiza.fundacioncalidade.org>.

Compartir: