Inicio Carballo ao día Hemeroteca A pista de patinaxe de 'xeo...

NO APARCADOIRO DO CENTRO COMERCIAL BERGANTIÑOS

A pista de patinaxe de 'xeo ecolóxico' abre as súas portas para estar en Carballo ata o 10 de xaneiro

Venres 4 de decembro do 2009

Ademais de mellorar en ecoloxismo, este ano a pista mellora esteticamente, tanto en aparencia como en canto a alumeado. Tamén incrementa a súa superficie, pasando de 450 a 480 metros cadrados. Polo demais, mantén os servizos de cada ano: empréstito de patíns -homologados e dos números 30 ao 47-, equipo de música, bancadas para os usuarios e usuarias, mostradores de atención ao público e valados de seguridade. Así mesmo, para poder patinar é obrigatorio o emprego de luvas, de manga longa e perna longa, ademais de sempre atender as instrucións do persoal de pista.

O prezo da entrada é de 5 euros -aínda que o CCB-Haley repartirá un total de 8.000 bonos de desconto para as persoas que realicen as súas compras no comercio carballés- e permite unha estadía duns 45 minutos sobre dos patíns. O horario será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Tamén existe a posibilidade de facer reservas para escolares ou grupos nos teléfonos 981 75 64 52, 615 11 27 63 e 619 64 13 60. O Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín, lembrou as dificultades de sacar adiante a pista nun momento de crise, aínda que resaltou que "a mal tempo boa cara", e que se fixo un grande "esforzo" para que "un ano máis a pista de xeo estea en Carballo como un referente de ocio".

Compartir: